Eclipse de Sol
Dúas lúas
A educación en Finlandia
O río Tambre ao seu paso por Pontemaceira
Novembro frío e solleiro
Val da Mahía pouco antes das oito da mañá do vinteseis.
Nortada «Azul Cantábrico»
Esta tarde na Praia do Foxo, en Vilanova, na Ría de Aldán, mentres tomaba estas fotografías, pensei no que escribe Fritjof Capra sobre o inapropiadas que Leonardo consideraba as matemáticas da súa epoca para describir os movementos dos elementos da natureza, e sobre como emprega o debuxo como ferramenta de análise dunha realidade extremadamente complexa a través da elaboración de diagramas e modelos.
Hydnum Repandum
Logo de varios meses sen publicar nada neste blog retomoo precisamente para publicar un par de fotografías da miña primeira saída ás setas esta tempada. Algo de crebeiro ten saír ao monte por setas.
Nesta fermosa carballeira temos collido linguas de vaca a mancheas. Estes días comezan a sair. Hoxe trouxen unhas pouquiñas, apenas para probalas.
La Platanera
La Platanera é un taller de serigrafía que a ilustradora Andrea Fernández (Avigráfica) ven de abrir nunha pequena construción anexa á casa familiar na Illa de Arousa.
Hai uns días estivemos con Andrea no seu taller. A idea inicial era recoller un encargo, pero mostrouse tan amable que prolongamos a conversa varias horas e mesmo fomos dar unha volta pola illa.
Muiño de mareas das Aceñas, frente ao Parque Natural do Carreirón.
A balea negra
A balea negra é un proxecto expositivo comisariado por Pedro de Llano para o MARCO de Vigo.
O proxecto toma como punto de partida a catástrofe do Prestige, que comeza o 13 de novembro de 2002, o mesmo día en que se inaugura o MARCO.
Bolboretas na flor do romeu
Diseño. Manual de muebles domésticos y objetos insolitos
Cocobooks edita en España este libro da historiadora da arte Ewa Solarz moi apropiado para nenos e adolescentes.Como tantas veces merquei un exemplar coa intención de abandonalo por casa, nalguha mesa, até que os críos o descubrisen. Que o libro pagaba a pena quedárame claro xa na librería, antes de decidir levalo; ademáis xa coñecía «Garabatos», un libro do deseñador xaponés Taro Gomi, tamén editado aquí por Cocobooks e a algún dos autores aos que publican como Hervé Tullet, do que me gusta especialmente o seu «No confundas» publicado por Destino, e orientado a lectores de moi curta idade. Aínda así nunca supusen unha acollida tan boa como ao final tivo.
Unha boa recomendación, por tanto, para unha biblioteca escolar.
Casa Curutchet
Preparando uns materiais sobre a proporción na figura humana, e a súa importancia en arte, deseño e arquitectura, lembreime da Casa Curuchet, unha vivenda unifamiliar construida por Le Corbusier en La Plata, Argentina.
En realidade o que primeiro lembrei foi unha moi boa pelicula de Mariano Cohn e Gastón Duprat titulada El hombre de al lado, rodada en 2009 na Casa Curuchet.
Dados esféricos de Bruno Munari
Resulta estimulante e suxerente tratar de imaxinar e representar a superficie interna destes dados deseñados por Bruno Munari a través do seu comportamento.
En ocasións propoño esta cuestión aos meus estudantes de bacharelato, con resultados sempre sorprendentes.
Dificultades coa táboa de multiplicar
Les glaneurs et la glaneuse
Les glaneurs et la glaneuse (2000) é un documental da realizadora belga Agnès Varda. Este título foi traducido ao castelán como Los espigadores y la espigadora. Poderiamos traducilo moi libremente ao galego como Os crebeiros e a crebeira, ainda que estariamos introducindo un aquel mariñeiro que o orixinal non ten. Temos en galego as expresións andar ao rebusco e andar ao rabisco, máis axeitadas ao contido da cinta, pero complicadas de substantivar.
Des glauneuses 1857, Jean-François Millet, Musée d’Orsay.
Economía participativa
Michael Albert, un dos fundadores de zcommunications, explica para Attac tv un modelo económico que ven desenvolvendo dende os anos oitenta xunto ao economista Robin Hahnel, ao que denominan economía participativa.
The Shock Doctrine e No Logo
The Shock Doctrine e No Logo son dous documentais sobre os libros homónimos da xornalista canadiana Naomi Klein.
Incredible 3D doodle kit
Estou facendo co alumnado de 4º ESO unha anamorfose estereoscópica dun cubo. A figura descansa na superficie horizontal do chan que ao tempo serve de plano de cadro.
Como sucede tantas veces atopámonos cun problema onde menos o esperabamos. Conseguimos unha pintura vermella perfecta para o filtro vermello, pero co azul non hai maneira.
Lembreime do incredible 3D doodle kit que me regalara Horacio e que me resistía a abrir, e decidín que esta era a oportunidade perfecta para facelo. Por desgracia a pintura azul que trae tampouco é adecuada para o filtro do propio kit (non o entendo).
Perspectiva cónica estereoscópica
Xabier Lorenzo Abalde, Creado con GeoGebra. Publicado en dtxd.espazoweb.com
Vikingland Noise Redux (teaser)
Unha mostra do traballo de Ulobit sobre imaxes de rexeite de Vikingland de Xurxo Chirro.
A perspectiva no abismo
Hai un par de días, falando dun artigo escrito a catro mans para o Artech 2006 con Horacio G. D., comentabamos que, contrariamente ao que sucede polo xeral coas novas tecnoloxías, este traballo resistira ben o paso do tempo, e que mesmo podía resultar máis pertinente agora que no momento no que foi elaborado, xa que entón tiña un publico moi minoritario e especializado.
dtxd.espazoweb.com
Paulo Porta e máis eu estamos intentando botar a andar un blog de debuxo técnico e xeometría dinámica. Contamos seguro con Horacio de Escoitar, pero esperamos que máis xente se anime a colaborar.
Freilach
Freilach é un traballo de Fass Castro para o tema do mesmo tílulo do grupo Kentokakí incluído no seu primeiro disco Odessa Mamma.
Este traballo obtivo o premio á mellor obra multimedia no Anirmau 2012.
Zaz
Dans ma rue, unha canción de Jacques Datin que no seu día cantou Édith Piaf interpretada en acústico e na rúa por Zaz.
A-RA
Proxecto do alumno de 2º de bacharelato Víctor Valbuena do IES Vilatzara de Vilassar de Mar presentado na Xornada Aumentame 2012.
Julian Oliver. Realidade aumentada
Este traballo de Julian Oliver estivo exposto en La Laboral en Gijón. Tiven a oportunidade de podelo ver e manexar os cubos. A sensación de inmediatez no control do espazo representado é tal que logo ao coller un rato parece que tes a mans atadas. Nesta proposta é tan importante a RA como o interface.
Animacións fractais 3D
Os irmáns Oligor
Las tribulaciones de Virginia é un espectáculo dos irmáns Oligor que botou a andar hai xa dez anos. Agora andan por Brasil. Tiven a oportunidade de asistir a unha das representacións que ofreceron en 2005 na Sala Nasa en Santiago de Compostela, e pareceume algo sobrecolledor. É unha obra impúdicamente sinceira, complexa, íntima. Explora ese espazo liminar que se abre entre o xogo dos nenos, a enfermidade mental e as paixóns.
Especialmente interesante a proximidade aos espectadores, a importancia dos obxectos e do obxectual, os cambios de escala e a relación entre a manipulación dos mecanismos e o traballo actoral.
Oltre il compasso
Oltre il compasso. La geometria delle curve é unha exposición de Il Giardino di Archimede, un museo da matemática que esta en Florencia e que ofrece unha gran cantidade de información sobre as súas actividades no seu espazo web, mesmo exposicións virtuais e paneis en pdf para imprimir.
Nesta esposición chamoume moito a atención a colección de obxectos que presentan.
Flipbook.info
Aulas na rede
debuxotecnico.com. Aulas virtuais para DTI e DTII con gran parte do temario da materia.
O gran problema é que cando montei estas aulas traballaba co Cabri, polo que gran parte dos contidos so poden ser vistos co Explorer. Estou elaborando novo material con CarMetal e Geogebra, pero aínda non teño nada colgado.
Especialmente interesante o laboratorio de diédrico.
Accedese como convidado.
Aula de plástica. Blog para a materia de 4º ESO. Este curso non imparto outros niveis na ESO, supoño que cando os imparta empregarei o mesmo blog con todos os cursos, creo que pode ser interesante compartir referencias e resultados.
Cicloide. Braquistócrona e isócrona
Estes videos son parte do resultado dun pequeno proxecto elaborado polo alumnado de 2º de bacharelato do IES de Brión. Pódese atopar máis información sobre as propiedades da curva na páxina do centro.
Traballo por proxectos
Proxectos do alumando do IES de Brión nas materias de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I.
Curso 2009/10. Cociña solar parabólica
Curso 2010/11. Invernadoiro xeodésico
Curso 2011/12. Lámpada cerámica de leds
Creo que é moi importante traballar por proxectos tamén no bacharelato, onde estamos polo xeral moi condicionados pola necesidade de impartir o temario completo e está bastante extendida a idea de que polo tanto non hai tempo para nada máis.
Durante o desenvolvemento dun proxecto estanse a impartir infinidade de contidos do curriculo das diferentes materias. É falsa a idea de que os traballos por proxectos «quitan tempo». O proxecto non se propón como unha práctica na que aplicar o xa aprendido, senón ao contrario como un contexto significativo no que aprender aquelo que se necesita para poder avanzar no seu desenvolvemento.
Un proxecto interdisciplinar ben articulado prepara ao alumnado para definir e resolver problemas complexos dun modo riguroso e creativo.